"Só tiñamos que atopar a dous tolos máis", lembra Toñi Caseiro. Eses dous aloucados foron María Francelina (profesora na Escola Superior de Arte Dramática, ESAD, de Vigo) e o actor Sergio Alfonso. Junto a Caseiro e Mejuto sacaron adiante "Communicatio" de Arte Pingüe Teatro.

A obra de teatro mete na escena ó espectador para que pareza que comparte cena co elenco ou que mesmo respira o seu mesmo. O fin é vivir o que experimentan dúas parellas atravesadas polos segredos e a incomunicación.

A priori, este menú pode lembrar á "Raclette" de Santi Cortegoso ou ó filme "Perfectos desconocidos" de Álex de la Iglesia; pero "Communicatio" presenta unha conexión moi forte co presente e os seus temas de actualidade, pero tamén coas estratexias das que botan man algunhas persoas para sobrevivir.

Catro sillas en azul serven para unha escenografía minimalista. María Francelina, tamén directora da peza, é Eva, unha muller de "pensamento libre", explica ela mesma.

"Pensa que todo vai ben e que as cousas hai que falalas. Pero cae na súa trampa porque garda un segredo que fai que estoupe a cena. Non estou de acordo co meu personaxe. Enténdoo pero non comparto o que fai", confesa.

A súa parella na obra é Sergio Alfonso (César), no que recae a parte máis cómica da obra. Pola súa situación, é co que máis conecta o público. "Gárdase todo e, por medo, non o solta, inda que lanza dardos. Ten medo de ser sincero", sinala.

A outra parella é a formada por José Mejuto e Toñi Caseiro. O personaxe del é Javi. "Ten unha mentalidade moi ríxida, é de dereitas absolutamente, é un jeta... Eu creo que vive na súa realidade; tamén se autoengana e tamén ten un segredo e cando estoupa...", sinala.

Este personaxe está enfocado como se fora simpatizante de Vox, de aí, que fale en castelán na obra.

A súa parella é Toñi Caseiro (María), "unha muller que parece forte pero sabe que non o é. Leva tempo con Javi que é un jeta. Sen embargo, somos os personaxes feminisnos os que sufrimos o rexeitamento do público", engade a actriz.

As entradas a cino euros poden comprarse en Eventbrite, Café Badía, peluquería Chocolat, café D´Antonio, La Parisienne e Detrás do Marco en Vigo.