A historia de Foz, que hoxe recibe a visita do programa "Ribeiras de Salitre", está moi vinculada ao seu mar. Os socios da súa confraría traballan o cerco, as artes menores e o marisqueo a pé, sendo as especies máis capturadas a sardiña, a xarda, o bocareu, o polbo e o ourizo.

O programa dirixido e presentado por X.H. Rivadulla Corcón comezará nas pedras do mar coa mariscadora María Jesús Rivera, presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Foz e a primeira de Galicia en ter o permiso para a recolección do poliqueto en 1999.

Hai mariñeiros que dicir o seu nome é nomear toda a historia do seu porto, como é o caso de Tom Rey, un patrón que forxou a historia do porto de Foz. Aínda que xa leva anos retirado, hoxe vai avivar as lembranzas dos bos tempos na pesca de Foz. Outro vello mariñeiro e sabio do mar é Pepe Lestegás, coñecido como Pepe do Relámpago, toda unha vida de paixón mariñeira.

Outra das protagonistas do programa deste domingo será Guadalupe Neira, mestra de redeiras que comezou no oficio con 13 anos.