A cantante Guadi Galego acode hoxe (11.30) ao programa "Zigzag" da TVG para presentar o seu novo disco, "Inmersión", que saíu á venda o venres pasado e que estreará en directo o 15 de novembro na Sala Capitol de Santiago. Este disco de colaboracións, en que participan artistas como Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Abe Rábade e Xabier Díaz, conta con 11 temas xa editados nos seus últimos traballos e unha canción inédita. "Inmersión" é unha reinterpretación da súa propia música, afastándose de moldes.