'Bamboleo', o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita do compositor e cantautor cubano Ariel de Cuba, que se desempeña en xéneros urbanos coma o reggaeton, o mambo e o rap, aínda que na súa carreira tocou outros etilos coma o pop e a bachata.

O espazo presentado por Lucía Regueiro contará ademais coas actuacións da orquestra Trébol e da cantante galega Lucía Pérez, que celebra 15 anos no mundo da música cun novo disco. Tras o éxito de 'Quitapenas', chega o seu sétimo álbum, titulado 'Quince soles', gravado integramente en galego e que contou coas colaboracións de Vizcaíno, Chenoa, Rosa Cedrón, Tonhito de Poi e Sito Sedes.

No escenario tamén estarán Ángela Teijo, interpretando 'Puedes contar conmigo', de La Oreja de Van Gogh, e Pepe Ramas, co tema 'El rey', de Vicente Fernández, ambos os dous na sección 'Agora ou Nunca'.

Coma sempre, 'Bamboleo' ofrecerá tamén as seccións 'A ITV do amor', co seu peculiar discurso.