O presidente da Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (Anele), José Moyano, recoñeceu onte que o seu gremio non recibe presións políticas para incluír ou modificar contidos nos libros escolares desde hai polo menos 18 anos. Moyano desdíse así da denuncia que tanto el como o director da Federación de Gremios de Editores de España, Antonio María Ávila, realizaron hai unha semana, cando acusaron ás comunidades de presionar aos editores e puxeron exemplos como que Canarias non quere que se inclúan os ríos porque as illas non teñen ou que Cataluña veta nos libros de historia ós Reis Católicos. Non obstante, na reunión onte coa ministra do ramo, Isabel Celáa, Moyano precisou que se trata de exemplos de "unha época moi remota onde se tiña que pasar unha supervisión previa, antes do ano 2001, moi afastada no tempo". Ó rematar o encontro a ministra asegurou que lle trasladaron que non hai ningunha denuncia por adoutrinamento e que o sector sempre traballa no marco constitucional.