A presentación do ciclo de música "Camiño de Cantares" tivo lugar onte na Cidade da Cultura. Estiveron presentes o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, a directora de comunicación deste festival, Nieves García Soto, e o director xeral de CLUN, Rafael Prieto.

"Camiño de Cantares" é unha iniciativa promovida pola Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera composta por oito concertos, incluida no programa O teu Xacobeo, 2020 coa fin de promover actividades de dinamización de cara Ano Santo.

A programación do ciclo arrancará este domingo no Mosteiro de Oia cun concerto a cargo de "Vox Organallis", un coro masculino de música vogal, que interpretará composicións medievais nos que o Camiño de Santiago ou a figura do Apóstolo cobran especial protagonismo.

A Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera levará a música relixiosa e paralitúrxica a diferentes localidades galegas que forman parte do Camiño como Oia, Allariz, Fisterra, Negreira, O Saviñao, Caldas de Reis, Oseira e Cea. Todos os concertos terán lugar en igrexas, mosteiros e capelas de gran beleza patrimonial.