O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán abre hoxe a súa décimoterceria edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos serán os protagonistas liderando formacións internacionais feitas ex-profeso para a ocasión, arrancando ás 21:00 horas co cuarteto do saxofonista Pablo Castaño e seguido ás 22:30 do tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.

Sen embargo, serán tres mulleres de diferentes nacionalidades ás que por vez primeira abran o festival ás 19:30 no escenario do Rilla na Rúa interpretando temas só compostos por mulleres, obxectivo do seu proxecto 'Hey Cats' no que veñen investigando dende a ESMAE de Oporto para, precisamente, visibilizar o papel da muller nesta música. Esta primeira xornada rematará coa clásica jam-session liderada nesta ocasión polo trío do pianista Martín Lopo.

O Nigranjazz está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. O festival continúa o sábado coa gran actuación estelar ás 22:30 da cantante americana Deborah Carter.