O escritor de Arteixo, Miguel Sande, gañou onte co poemario "Os filósofos xa non brindan con cicuta" a XVII edición do Premio de Poesía Afundación, que a entidade convocou xunto ao Centro PEN de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia, á que se presentaron nesta edición un total de 30 obras inéditas. O xurado estivo composto por María Canosa, Ánxela Gracián e Branca Vilela; Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar.