A maxistrada Paz Filgueira; o físico Carlos Salgado e o profesor emérito da Universidade de Santiago Manuel Bermejo Patiño recollen hoxe no Castelo de Soutomaior ás 19.30 horas, os Premios Lois Peña Novo 2019. Estes galardóns recoñecen a estes tres persoeiros polo seu exemplo vital nas súas carreiras profesionais no emprego e defensa da lingua galega.