17 de junio de 2019
17.06.2019

"Galicia bonita" aterra en Cerceda para poñer orde nunha leira con moitos paxaros

A última oleira de Bonse protagoniza a edición de hoxe de "Cos pés na terra"

17.06.2019 | 02:03

O equipo do programa da TVG "Galicia bonita" desprazarase este luns ata Cerceda. Alí, Rosa Facal e os seus axudantes descubrirán a leira de Luz e Aldo, que conviven cun peculiar zoolóxico formado por todo tipo paxaros domésticos. Amais, o carácter inconformista da parella levará ao límite a paciencia da arquitecta do programa, que, coma sempre, disporá dun axustadísimo prazo de cinco días para completar as reformas.

Por outra banda, os espectadores de "Cos pés na terra" coñecerán esta semana a última oleira de Bonxe, Pepa, gardiá desta tradición, coa que o programa rescatará, polo miúdo, os saberes da súa aldea.

Pola súa parte, Rosendo e María José ensinará os telespectadores da TVG como procesan os cultivos da súa horta, nunha xornada en que atenderán visitas e proxectos de futuro. E, por último, o programa estará cun número 1, Antonio, adestrador e corredor que conta na súa escudería con algún burro de cine.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook