A Televisión de Galicia ofrece esta noite un programa especial que amosará a tradición e a emotiva celebracio?n da primeira romaría en honra á Virxe da Franqueira da Cañiza, cuxa aparición se remonta ao século VII. Tamén coñecida como romaría de Pascuas Menores, Pascuillas, ou romaría de Primavera, esta celebración xunta milleiros de peregrinos chegados de diversos puntos de Galicia e mesmo de Portugal. O programa acompañará as parroquias de Achas e de Mondariz Balneario na súa procesión ata o Santuario da Franqueira.