A CRTVG comeza a procura da canción do verán, unha estación marcada en Galicia pola música e o ambiente festivo. Por iso, os medios galegos puxeron en marcha onte a terceira edición do concurso Este verán canta con nós, que premiará con 1.000 euros un tema inédito escrito en galego. Tanto solistas como grupos teñen ata o 21 de xuño para enviar as súas propostas, que poderán ir acompañadas dun videoclip. O tema gañador será escollido por un xurado composto por cinco persoas designadas pola dirección da CRTVG.