"Foi unha cuestión de curiosidade e casualidade. Non sabiamos o que había dentro da lata, na película de cinema", recoñece o director do proxecto, Miguel Piñeiro. "Estaba literalmente podre e pegada", indica. Aínda así, o instinto e o acceso a outras cintas previas fixo que o produtor crera que o material pagaba a pena, tal e como logo se comprobou. Logo de recuperalas, pero non antes, atoparon unha especie de cadernos das gravacións. Piñeiro describe unha especie de "muro" que existía entre os legados de Antón Beiras e a vida diaria da casa, e a indicación de Antía Cal valeulle atopar esa cinta.

No ano 1951, cando non había nin sequera televisión en Galicia, Antón Beiras crea unha especie de produtora, de nome aínda incerto: "Alborada films" ou "Solpor films", tal como explica o director, co obxecto de enviar vídeos ao exilio "Chaman a atención os 15 minutos de película que se adican a Gómez Román", indica. O museo MARCO acolle tamén as notas onde Beiras referencia os gastos do equipo.