PuntoGal, o dominio galego en internet, sumáse tamén a celebración mañá do Día das Letras e do Día das Telecomunicacións e Internet, cunha nova rebaixa no prezo dos dominios .gal. As persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 17 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes dende ata o 31 de maio.

Para poder aproveitar a promoción, os interesados deben dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, Core, Arsys, Openprovider e Blacknight, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos dende 15,95 ata 17 euros máis IVE.

Despois de superar este ano os 5.000 dominios rexistrados, a asociación amósase satisfeita de que as porcentaxes de renovación dos dominios seguen sendo moi altas.

A entidade lanzou en 2018 o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades xa realizadas figura o apoio á localización en galego do navegador Firefox ou o concurso de microrrelatos en colaboración coa RAG.