16 de mayo de 2019
16.05.2019

A RAG trasládase a Cotobade en homenaxe a Fraguas

A entidade celebrará mañá o seu pleno no lugar natal do autor - Queremos Galego convoca unha dúcia de manifestacións en defensa da lingua

16.05.2019 | 01:06
Ofrenda floral na tumba de Antonio Fraguas. // L.O.

Actos en homenaxe do autor Antonio Fraguas e de reividicación da cultura e a lingua galega protagonizarán mañá o Día das Letras Galegas en toda a comunidade. Como é habitual a Real Academia Galega (RAG) celebrará un pleno extraordinario nun lugar vinculado ó autor homenaxeado e neste caso, os académicos trasladaránse ata a carballeira de Famelga no Concello de Cercedo-Cotobade (Pontevedra).

Ademáis a plataforma Queremos Galego volve convocar a cidadanía a sair á rúa en defensa da lingua galega, pero nesta ocasión non haberá unha única manifestación en Santiago senón que haberá concentracións en trece localidades galegas.

Membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, etnógrafo, historiador, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor e narrador oral, Antonio Fraguas Fraguas (Cotobade, 1905-Santiago, 1999) conta cunha biografía que ofrece un percorrido "por boa parte da historia galega do século XX no que contribuíu ademais a proxectar o galego como vehículo de expresión válido para calquera coñecemento", segundo indican na RAG, onde destacan "o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas".

Para homenaxear a este autor -que afondou en temáticas tan diversas como a xeografía, a arqueoloxía e a historia e que estoudou a fondo a cultura labrega con temas como o entroido, as festas, as crenzas, as romarías ou as cantigas, presentes nos seus textos- a RAG traslada o seu pleno extraordinario do venres ata a carballeira de Famelga na parroquia de Augasantas en Cotobade, ó pé da escola na que estudiou de cativo. Os membros da Academia Clodio González Pérez, Fina Casalderrey e Francisco Díaz Fierros ofrecerán tres alocucións sobre distintos aspectos da vida e da obra do homenaxeado.

Concentracións

Por outra parte, Queremos Galego volve a convocar concentracións en defensa da lingua en trece localidades galegas para exixir "liberdade, igualdade e xustiza para o galego".

A organización informou onte de que estas protestas irán no marco da dúcia de movilizacións convocadas nas principais cidades e vilas galegas con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

Baixo o lema Máis que nunca, Queremos Galego, o colectivo busca lembrar a importancia que os servicios municipais de normalización lingüística, as empresas concesionarias ou a formación do funcionariado teñen na "defensa" da lingua. Deste modo este ano amplíase a protesta mais aló de Santiago.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook