16 de mayo de 2019
16.05.2019

"Non quero unha lingua instalada no folclore ou na Arqueoloxía"

16.05.2019 | 01:06

"Non quero unha lingua instalada na Arqueoloxía ou no folclore", comparou Freixanes reivindicando "a lingua que levou o pai de Fraguas a Brasil". Segundo o presidente da RAG, esa conexión sen abandonar a lingua nai é un exemplo aínda vivo.

"Foi un home de aldea,consciente da enorme riqueza da aldea", indicou Víctor Freixanes, "cando logo para moitos se identificou o rural coa miseria. "Antonio Fraguas representa esa xeración que sabía que iamos perder unha chea de cousas", indicaron na mesa redonda, "e quixo dignificar e estudar para conservalo, con lealdade histórica a un país". Entre os datos biográficos máis sinalados está o feito de que Fraguas fora membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1927, que ingresara na RAG en 1951 para ocupar a cadeira de Castelao co discurso "Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade"... e tamén que como prolífico conferenciante e contador de historias publicara unha ampla obra en lingua galega nos edios da investigación e da divulgación de Etnografía, Xeografía, Historia e Historia da Arte.

Tamén enxalzou o escritor Cajaraville a xenerosidade da faceta humana de Fraguas, na que coinciden "de xeito unánime" moitos dos que o coñeceron, asegurou tras numerosas entrevistas. "A mellor herdanza é que ninguén fale mal", alegou. Entre esas louvanzas ás que se referiu Héctor Cajaraville está o feito de compartir o seu saber cos demais. E como mostra diso, o escritor aludiu a que a súa lápida no cemiterio de Boisaca, entre as tumbas de Valle Inclán e Aurelio Aguirre, "sempre ten flores frescas", a pesares de que Antonio Fraguas non tivo fillos, nin descendencia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca