| A escritora viguesa Ledicia Costas (no centro da imaxe) presentou onte no Instituto Camões de Vigo "Infamia" (Xerais). Trátase dunha unha novela protagonizada por Emma Cruz, avogada e profesora de Dereito Penal, que se traslada a Merlo para impartir clases na universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Acompañaron á autora o escritor Manuel Bragado (na dereita na imaxe) e Fran Alonso, director de Xerais.