Este domingo (00.10) na TVG Manuel Manquiña e o seu equipo viaxan a Vigo para coñecer a faciana máis persoal de Domingo Villar, un dos escritores máis recoñecidos da nosa terra con máis de medio millón de exemplares vendidos das novelas "Ollos de auga" e "A praia dos afogados".

Dende o palacio dos Escudos con vistas a Vigo, Domingo Villar dará resposta a preguntas relacionadas co mundo detectivesco. Saber cales foron as súas primeiras lecturas e os seus primeiros traballos como crítico gastronómico ou columnista dará unha visión total dunha das figuras máis importantes da literatura galega.

Tamén amosará a súa faceta máis persoal desde o Mirador de Monteferro e falará dos secretos dos luthiers da Escola de Artes e Oficios de Vigo.