As gaitas minimalistas e voces sobrenaturais do disco "Nue" de Tashi Wada resonarán esta tardiña no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. A partir das 21.00 horas, Wada actuará nun concerto do festival Sinsal Primavera.

Tashi Wada non estará só xa que seu pai, o xaponés Yosi Wada, tamén se subirá ó escenario. O fin último será achegar ó público galego "unha noite de soños sen fin" con "praceres" pero tamén "demos" no debullar das cancións.

O público tamén poderá ver actuar a Julia Holter, que xa estivera anteriormente en Vigo abraiando á xente coa súa voz e proposta musical. Desta vez, presenta o seu último disco, "Ekstasis". Tamén se poderá ver a Corey Fogel. A entrada, a 10 euros máis gastos.