O programa da TVG "Ribeiras de salitre" visita Corcubión, vila de "elegancia mariñeira"

X.H.Rivadulla Corcón (dcha.) co lonxero Diego Lojo. // FdV

X.H.Rivadulla Corcón (dcha.) co lonxero Diego Lojo. // FdV

Redacción | Vigo

"Ribeiras do salitre", produción encargada por TVG a Producións Celta e dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, ofrece hoxe (15.30 horas) o capítulo "Corcubión, elegancia mariñeira".

No porto que da nome á ría de Corcubión atopamos unha vizosa actividade pesqueira e de marisqueo. A súa confraría conta con setenta e un asociados, que se dedican ao marisqueo, mergullo, nasa e palangrillo.

X.H. Rivadulla Corcón fala coa mariscadora Olimpia Louzán, que conta que esta é unha zona de marisqueo na que a ameixa necesita unha depuración especial. Tamén con José Dominguez, que foi patrón maior durante vinte e oito anos, o patrón que máis anos ten aguantado no cargo; con Diego Lojo, que traballa de lonxero, e José López "Olajario", un deses vellos patróns de pesca que saben de mar.

A actuación musical corre a cago das pandeireteiras "As Rinchonas de Corcubión".

TEMAS

  • Corcubión
  • Mar
  • Vila
  • Oporto
Tracking Pixel Contents