CLUB FARO | García Teijeiro: "Cos versos, rachei as cadeas que me impedían ser eu mesmo"
O poeta vigués, Premio Nacional de Literatura Infantil, resaltou no Club FARO que a palabra é a súa razón de existir porque a poesía "dálle sentido" á súa vida

O publico disfrutou do sentido recital e da charla de García Teijeiro. // Ricardo Grobas
Vigo
Para Antonio García Teijeiro, os versos convertéronse "na arma que precisaba para fuxir dunha realidade que me estaba abafando" así como para "rachar as cadeas que me impedían ser eu mesmo". Dese xeito, comezou a vencer os medos que o limitaban. Así o destacou onte no CLUB FARO este profesor e escritor vigués durante a súa charla-coloquio "Pasando as follas do tempo" título homónimo ó seu último libro, editado por Belagua.
O autor -gañador, entre otros galardóns, do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 coa obra Poemar o mar- iniciou a súa conferencia dando grazas ó CLUB FARO ó que calificou de "referente indispensable na cultura desta cidade", Vigo.

CLUB FARO | García Teijeiro: "Cos versos, rachei as cadeas que me impedían ser eu mesmo"
O resto dos agradecementos foron destinados a Susi Fernández (a súa dona); Alba Piñeiro (a súa filla); Román Raña -escritor e crítico literario que presentou a charla-; Isabel Rodríguez; Juan Carlos Martín Ramos (prologuista de Pasando as follas do tempo); Xulio García Rivas (ilustrador do libro) e Edurne Baines, a editora.
Tralos agradecementos, García Teijeiro -que conta coa honra de que un dos seus libros, Versos de agua, fora elixido pola Fundación Sánchez Ruipérez como un dos 100 mellores do século XX- recitou varios poemas da súa obra.
O seu último poemario, recén sacado da imprenta, ofrece unha antoloxía poética que abrangue a súa creación dende o ano 1987 ata o 2017. Devandita selección de poemas foi realizada por María Jesús Fernández e Alba Piñeiro.
O recitado dos versos do seu libro foi encadeado cun texto lido sobre como xurdiu a súa conexión co galego e coa poesía. Respecto desta última, sinalou: "A poesía dálle sentido á miña vida". No momento en que iniciou o seu idilio cos versos, "bulía" no seu interior "a sede de xustiza social e liberdade que notaba daquela que non existía. Era todo cara adentro. Non era quen de afrontarme a realidades sociais, relixiosas e educativas, familiares que me abafaban ata que atopei a poesía" da man, primeiro, de Paco Ibáñez e Bob Dylan.
Recoñeceu que empezou a ler "ben tarde" e que "se non les, non podes escribir" ó tempo que recalcaba que só se chega a coñecer ben as cousas ó escribir sobre elas.
Nembargantes, apuntou que "outros correron máis pero quedaron polo camiño da inacción". Esta falta de acción vencellouna a "vivir de costas á palabra". Este punto da intervención foi importante xa que aproveitou para explicar a causa de que escriba para a infancia e a xuventude. "Non quero que pasen polo que pasei eu: vivir de costas á palabra que para nós é unha razón de existir. Por iso, levo camiñando a miña vida cos versos na mochila", detallou.
Non só a elección da poesía foi un elo vital na cadea da súa existencia. Optar polo galego como lingua de expresión tampouco foi un paso doado xa que na súa casa familiar "ridiculizaban" esta lingua nun tempo no que "se agochaba a boa literatura, agochábase a literatura galega, a importancia do noso idioma, trivializábase a Rosalía, a Pondal, a Castelao; calaban a Celso Emilio que nunca quixo calar; a Luis Amado Carballo. A Méndez Ferrín, encarceábano e a tantos outros que pensaban que as cousas podían facerse doutra maneira diferente".
Non obstante, foi chegando a Cunqueiro, a Rosalía, Blanco Amor, Celso Emilio e tantos outros. "Asumín o galego como lingua de cultura irrenunciable, un compromiso sen fisuras", engadiu.
Tras lelos, foi cando comezou a escribir, a ter vocación literaria, algo que lle mudou para sempre. "Fixen da palabra a miña ferramenta para sentirme mellor, abrir cancelas para botar de min aquilo -que, por certo, non sempre se bota completamente- que me impedía rachar as sombras", sinalou.
"Non é doada a vida que temos que vivir; está ateigada de atrancos. (...) Eu escribín sempre para saber quen era, para comprender as moitas caras dunha sociedade que podía ferir e fería", apuntou Antonio García Teijeiro.
Así, dende 1987 e pasando os trinta anos, García Teijeiro foi poemando a vida. Unha "radiografía" en versos da mesma recóllese no seu último libro onde se inclúe un inédito, "Faragullas de luz", datado en agosto de 2014 e onde mostra unha poesía evoluída e despoxada dun longo abrigo de palabras innecesarias. "Condenso o que quero dicir porque noto que no meu discurso xa sobran outras palabras", engadiu o escritor de versos como estes: SEI dun home que era poeta. E deitou as palabras entre canles e regeiros, entre tumbas ocultas polas silvas.
- PAU 2025: Consulta aquí las notas de la selectividad en Galicia
- Muere Gerardo Huidobro Vence, oncólogo del hospital Álvaro Cunqueiro
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- El bloqueo de Portugal tras el apagón hunde la generación eléctrica de Galicia
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- El psicólogo Álvaro Bilbao advierte: si tu hijo hace estas preguntas, acude al pediatra «lo antes posible»