As mulleres foron as grandes protagonistas da XXIII edición dos Premios de Teatro María Casares que se entregaron onte no Teatro Rosalía da Coruña. Non só porque das oito categorías con nominados de ambos sexos, elas levaron o galardón en cinco (mellor dirección, iluminación, maquillaxe, texto orixinal e adaptación) senón porque un dos dous espectáculos con maior número de premios - Invisibles, que logrou tres estatuillas- reflexa a crudeza dos malos tratos, da man da historia real de sete mulleres, vítimas de violencia de xénero. A outra obra que acaparou máis galardóns foi Commedia, que partía como gran favorita e alzouse co premio a mellor espectáculo do ano. Todo iso na gala anual dos premios da Asociación de Actores e Actrices de Galicia na que houbo alusións á "caza de bruxas" que vive a cultura na actualidade e que leva a certas sátiras fronte os tribunais ou o feito de que a TVG non retransmitise en directo a cerimonia.

Unha das grandes gañadoras da noite foi Invisibles. Para esta peza, basada na historia real de varias maltratadas, foron os premios a mellor iluminación - "Estou contenta de que por fin este premio vaia para unha muller", decía no escenario a amiga que recolleu o galardón de Laura Iturralde- o de mellor adaptación /traducción, para María Bañobre e Santiago Cortegoso e o de mellor dirección, tamén para Bañobre. Foi ela quen quixo adicar estos premios, especialmente, "ás mulleres que prestaron a súa historia para obra, a todas as maltratadas e a toda a xente que loita contra este mal do terrorismo machista". A segunda vez que subió o escenario ademais destacou a importancia que ten que obras coma a súa "fagan remover os espectactores" ou reflexionar, algo que observou cando a representaron fronte a adolescentes nos institutos galegos.

Outra das mulleres da escea galega que onte recibiu premio por partida doble foi Iria Pinheiro. Compartiu galardón ó mellor texto orixinal con María Lado por Anatomía dunha serea e gañou o de mellor actriz protagonista tamén por esta obra. "Adicado a todas as mulleres que diante e detrás dos escenarios fan cousas bonitas", dixeron Lado e Pinheiro no se discurso.

Martina Cambeiro levou o premio a mellor maquillaxe por O servidor de dous amos mentres que Suso Montero fixo doblete e gañou o galardón a mellor escenografía por Divinas Palabras Revolution e mellor vestiario por Commedia. Alfonso Caxade levou o de mellor música orixinal por Casa O'Rei.

Os premios a mellores intérpretes tamén foron moi repartidos. Marta Lado levou o de acriz secundaria por O servidor de dous amos e Marcos Orsi o correspondente na categoría masculina por Commedia. Os principais foron para Iria Pinheiro e Miguel Borines ( Casa O'Rei). O mellor espectáculo infantil foi para Patapatúm.

O toque reivindicativo da gala chegou da man dalgúns discursos. A vicepresidenta da entidade, Mabel Rivera, criticou a posición da TVG respecto a emisión dos premios e animou a seguir loitando polo teatro e os dereitos dos seus traballadores. Pola súa banda, Carlos Santiago leu o manifesto do Día do Teatro no que reflexiona sobre como a xente da escea asiste "con perplexidade" a "unha lexión de artistas que veñen sendo convocados perante os tribunais para dar conta das súas sátiras". Tamén Iria Pinheiro lembrou que aínda está metida nun proceso xudicial pola súa obra Anatomía dunha serea e a posibilidade de censurar certas obras protagonizou tamén alguns dos scketches dunha gala que voltou a época dos romanos, con números circenses e a que asistiu a actriz Marisa Paredes.