As aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense reciben o Premio de Honra
As aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense recibiron onte o Premio de Honra Marisa Soto que entrega cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O xurado salientou o poder de "canteiras" para a escea galega destas aulas nas que universitarios inícianse e profundizan no mundo das representacións teatrais.
Fernando Dacosta, actual director da aula de Ourense -pola que desde 1995 pasaron 600 alumnos- quixo extender o galardón "a todos os grupos de teatro universitario que existen en Galicia" e animou a ver se con este premio "se recuperan as aulas da Coruña, Ferrol e Santiago que cesaron a súa actividade". "Isto é un perigo para o teatro universitario galego que sempre foi un modelo a seguir e que ten actuado por toda España, Portugal ou Marrocos", engadiu.
Pola súa parte, o responsable da aula en Santiago, Roberto Salgueiro, alabou a importancia e a aprendizaxe para a vida que dá o teatro. "Debería ser unha materia obrigatoria en todas as etapas da ensinanza", sinalou o director da aula, aberta en 1990 e pola que xa pasaron 1.686 estudantes.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Un coche vuelca en Domaio y el ocupante se muestra agresivo con la Policía tras dar positivo en alcohol y drogas
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- Desaparece la heredera de la histórica discoteca Daniel: «Por aquí hasta vino el rey»