El Auditorio Municipal do Concello de Vigo acollerá este domingo (18.00 horas) a estrea do espectáculo "A nena e o grilo máis aló", o novo traballo de Magín Blanco. A actividade, que ten un custo de 5 euros,e está destinada a público familiar (nenas e nenos a partir de 3 anos), ten unha duración de 60 minutos.

Este novo espectáculo, leva parella a publicación do novo libro+cd de Magín Blanco da man da Editorial Galaxia. A nena e o grilo preguntaranse desta volta se é posible cazar estrelas fugaces ou se aos esqueletes lles presta bailar, nun libro que serve como xeito de revivir unha e outra vez o espectáculo musical de A nena e o grilo máis aló.

Deste xeito, regresa aos escenarios e ás librarías Magín Blanco, un dos cantautores galegos preferidos polos máis pequenos e tamén un dos artistas con máis experiencia dentro do teatro musical para o público infantil.