Mela Casal recibe o premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual
Redacción | Vigo
A actriz e dobradora Mela Casal recibirá o vindeiro 2 de marzo o premio Fernando Rey durante a gala dos Mestre Mateo, que terá lugar no Pazo da Ópera de Coruña.
A Academia Galega do Audiovisual (AGA) decidiu homenaxear á actriz polo seu "traballo a prol da construcción do audiovisual galego dos últimos trinta anos, ser unha das nosas pioneiras e un dos rostros máis coñecidos do noso audiovisual". Mela Casal (Boqueixón, 1948), fíxose popular para os espectadores galegos polo seu papel da alcaldesa de Portozás, Celia Rei, na serie "Mareas vivas" e posteriormente foi unha das protagonistas doutras series de ficción de éxito da TVG, "A vida por diante" (2006-2007). Tamén participou en "Rías Baixas", "Pratos combinados", "Padre Casares" e "Terras de Miranda", sen esquecer o seu papel de Socorito en "Luar". En televisión ten colaborado ademais noutras producións como "Nada es para siempre" ou a recentemente multipremiada "Fariña" (Antena 3).
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- Despedida de una panadería de Vigo por sisar monedas de las ventas
- Malas noticias para los pensionistas: adiós a recibir la paga extra este 2025
- Insólita demanda en Vigo: una menor se suma a la denuncia de su madre para exigir conciliación
- Un robo con extrema violencia: asaltan a punta de pistola a una pareja y la rocían con gasolina en Meis
- Bruno Vila se despide de sus compañeros de los Mozos de Arousa: «Cerrando etapas»
- Preparados para tiritar: alerta por frío en Galicia
- Un fugitivo arrepentido se entrega a la policía local de Vigo: «Quiero entrar en prisión»