A meirande parte das persoas que onte asistiron no Club FARO á presentación do libro de Miguel Boó "Suso Vaamonde, voz de trebón", ben puideran ter sido testigos do autor para configurar o relato da vida do músico rebelde que popularizou a poesía galega, do que hoxe se cumplen 19 anos do seu pasamento.

Un bo número entraba xa na sala co exemplar recén comprado que onte mesno saiu da imprenta. De feito, moitos dos asistentes no ateigado auditorio do Areal foron algúns dos máis dun cento de testemuñas aos que o xornalista acudiu para cumplir a promesa que lle fixo ao seu compadre Vaamonde aos 45 anos de que escribiría a súa biografía. Non sabía ningún deles entón que o cancro acortaría inesperadamente, catro anos despois, a vida dun dos integrantes de Voces Ceibes e o "fundador espiritual" do grupo A Roda.

"Suso non quería que fixera un conto da súa vida, el quería que contara as cousas como foron, quería por exemplo que se soubera da soidade que teñen, que temos os que nos consideramos independentes, de xentes que foron abandonadas como el polas siglas políticas proximas a sua ideloxía porque el nunca militou en un partido político e que contara tamén o seu desapego dos partidos aos que sempre se lle vinculou", relatou onte Boó, que xustificou o retraso en culminar aquel encargo polo dor que lle producía nos primeiros anos e o inxente traballo que tivo que facer clasificando o material que o músico lle dera e falando con máis de cen persoas vinculadas a súa vida. Foron, en total, 19 anos xa que Suso Vaamonde faleceu en Vigo un 16 de febreiro do ano 2000. Pouco antes, "xa consumido polo becho, comoel chamaba ao cancro", recibiu unha homenaxe en Salvaterra do Miño. "A última gran satisfacción que tivo na vida, no que se refire ao ámbito da sociedade, foi esa homenaxe que se lle debía. Foron oito horas de música", lembrou o xornalista ante o numeroso público entre o que ademáis de algúns irmáns do músico e outros familiares tamén estaban amigos como o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices.

Do músico, tamén destacou que compoñía temas propios pero que prefería cantar aos poetas galegos. "Sempre manifestou que en Galicia tiñamos poetas maravillosos que había que difundir e dignificar e iso para él era unha obsesión", engadiu Boó. Para levar a cabo esa misión, "investigaba e lía moito" para logo poñer música a versos de autores das nosas letras modernos e clásicos como Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Bernardino Graña, Manuel María, Darío Xoan Cabana... Moitos deles, lembrou o biógrafo, agradeceron públicamente que os seus versos chegaran ao gran público gracias a Vaamonde. "Consideraba que había que achegalos ao pobo, a súa vena de autor non lle preocupaba nada, realmente, o que lle preocupaba era musicar aos nosos poetas", insistiu para acto seguido citar as palabras do cantautor: "So quixen chegar cos textos dos nosos poetas a canta máis xente mellor, para min sempre foi un gozoso deber, como se así axudara en algo ao noso idioma".

Por esta dedicación durante toda a súa vida, Boó considera que Suso Vaamonde, a quen comparou con Bob Dylan, debería ser motivo de homenaxes e tributos nun día como hoxe pero ademais entrar nunha lista por agora exclusiva dos escritores. "Promoverei unha iniciativa para que o Día das Letras Galegas se lle adique ao cantautor coincidindo con vinte ou o vintecinco aniversario do seu pasamento, no ano 2020 ou no 2025. Isto se producirá se a Real Academia Galega o ten a ben", anunciou Boó, sentado nese momento ao carón do presidente da Real Academia, Víctor Freixanes, que exerceu onte de presentador do acto. Este último eludiu o envite lanzado polo xornalista e tras gabar ao libro "moi ben documentado e escrito" deu paso as preguntas do público que, bo coñecedor da figura de Vaamonde, lembrou que na súa estadía en Suiza foi moi ben recibido polos seus coetáneos. "El falaba da soidade en Galicia, no na emigración. A solidaridade da emigración sempre foi boa e sempre estivo moi agradecido do trato alí donde foi e de feito repetía. So houbo diferencias en Venezuela, onde estaban presentes as dúas Galicias como ocorría aquí entón, como na vida mesma e como ocorre hoxe", aclarou Boó ao quen incluso lle preguntaron se na biografía incluia un pasaxe sobre unha "cinta clandestina". "Todo sobre esa cinta está tamén no libro", tranquilizou o autor, que insistiu en que a súa foi unha investigación moi exhaustiva.