10 de febrero de 2019
10.02.2019
DESCUBRE FDS

As camisolas dun catalán para sacar peito co galego

'Bico', 'Morriña', 'Chegar e encher' ou 'Son un toxo' son algunhas das expresións traducidas a 5 idiomas que un empresario afincado en Pontevedra plasma na roupa que comercializa

10.02.2019 | 10:43

Jordi López presume de galego malia ser catalán. De feito, trata de falar esta lingua dende que o amor o levou a Pontevedra hai dez anos, e tamén se atreve a facelo nesta entrevista para FARO. A súa aprendizaxe é de oídas e non o fai mal, aínda que no é doado tendo en conta que "aquí cren que é de mala educación e eu necesito que me falen", laméntase. A diferenza co que ocorre na súa terra, en Galicia atopouse con algunhas barreiras na rúa. "Son defensor fervente de que a cultura é riqueza, non a cultura fronte a outras, senon a cultura en si mesma, sexa a que sexa. Considero que o galego é o que está enfermiño, e por iso hai que axudalo", comenta.

Ata tal punto tenta mimetizarse, que comezou un negocio de camisolas co que pretende aportar un gran de area nesta cruzada idiomática. "Aí falaches" é o nome desta aventura que arrancou hai tres meses, e tamén unha das seis expresións que locen as súas camisolas. 'Chegar e encher', 'Agarimo', 'Bico', 'Morriña' e 'Son un toxo' únense á listaxe. Para Jordi foi difícil escoller tendo en conta que "hai moitísimas palabras en galego fermosas e bonitas", así que "a primeira selección foi pensando naquelas que a xente leva dentro". 'Son un toxo' foi "o gran hit", como define este empresario, a quen lle confesan os que a mercan que é a que máis lles representa. "Eu creo que os galegos sodes toxos no conxunto, nos pinchos, pero tamén na flor", bromea.

Busca mercado na emigración galega, de aí o feito de traducir estas expresións ao castelán, ao portugués, ao inglés, ao francés e ao alemán. Eses clientes poden ademais votar na web outras verbas para proxectos futuros que tamén se reflectirán en novos produtos como sudadoiras ou roupa para bebés, entre outros.

Pero este catalán vai amodiño, como así reza a cunca que nestes intres a marca tamén comercializa con esa expresión tan nosa, e como di o seu slogan "chea de orgullo". E iso é porque Jordi pide á súa clientela potencial que "saque peito co galego e comparta a súa lingua".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Oscars 2019

Premios Oscar

Consulta los nominados y ganadores de los Oscar 2019 y sigue en directo la Gala y la alfombra roja de los premios de la Academia de Hollywood.