"Ribeiras de salitre" visita hoxe (15.30 horas, Televisión de Galicia) Ribeira, o porto con maior volume de descarga de peixe de baixura de Europa. A súa Confraría conta con 470 socios que traballan artes de enmalle, cerco, palangre, arrastre e marisqueo.

X. H. Rivadulla Corcón, director e presentador de este programa de Producións Celta, fala con Andrés Martínez, presidente da Agrupación de Mariscadores a Flote de Ribeira. É mariscador dende fai dezaoito anos, antes traballou na pesca de altura, pero prefire o marisqueo porque esta actividade permítelle traballar en Ribeira e polo tanto estar diariamente na súa casa.

Ramón Lojo é un dos mariñeiros que aínda traballa en dorna, e aínda é un mariñeiro novo, pero prefire a dorna porque o seu comportamento no mar é mellor, aporta máis estabilidade, especialmente para a práctica do marisqueo a flote, que é ao que Ramón se dedica.

Rivadulla Corcón fala tamén co patrón maior, José Antonio Pérez; a xefa de cancha Rebeca Fernández; o cociñeiro Juan Rial; o grupo de pandereteiras Tahume; e a bióloga Sandra Barreiro.