A nova e moi agardada novela de Domingo Villar coa que se pecha a triloxía protagonizada polo inesquecible inspector Leo Caldas, "O último barco", será unha das novidades da Editorial Galaxia que encherán este anos os andeis das librerías. Será o 6 de marzo.

Antes chegarán "Sándalo", de María Xosé Porteiro; "Os largos e longos campos de liño azul", de Isaac Xubín; "Hotel para coleccionistas discretos", de Diego Giráldez; "Tres minutos no aire", de Miguel Anxo Murado e "Por puntos", a novela coa que Manuel Portas gañou o Premio Blanco Amor 2018.

Pasado marzo publicaranse novos títulos de Arantza Portabales e Berta Dávila e aterrará nas mesas de novidades "Camiño de paixóns", a obra que lle mereceu a Carlos Meixide o Premio de Novela Camiño de Santiago 2018.Na colección Dombate de poesía incluirase o novo libro de Carlos Callón e "A herba de namorar", un repaso polos 20 anos de carreira poética de María do Cebreiro.