Apoderamento, deseucaliptización fascismo, feminismo e sororidade optan a ser 'Palabra do Ano 2018', no proxecto 'O Portal das Palabras' impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. Pero tamén o fai unha das palabras que máis tinta fixo correr este 2018: "fariña

Desde o secuestro da publicación á estrea da exitosa serie de televisión, o termo non deixo de ser tendencia boa parte do ano, por iso logra facerse un oco nesta competición por converterse na palabra do ano

O prazo de votación para escoller a 'Palabra do Ano' permanecerá aberto para todo o público ata as 23.59 horas do 25 de decembro.

Antes, tivo lugar a fase de recollida de suxestións que rematou o pasado domingo cunha "notable participación", subliñaron os promotores da iniciativa. Finalmente, foron seis palabras que pasarán á seguinte fase.