Vigo acolleu onte a presentación do libro "Un viaje por la historia de Galicia. Del Señorío al marquesado de Valladares", escrito por Ignacio Pérez- Blanco, a quen o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que acudiú o acto, felicitou por "combinar o rigor histórico e a súa emoción, xa que sente como propia a historia da súa familia". A obra contén máis de 200 imaxes, con retratos e fotografías inéditas datadas desde 1858 e recupera a memoria da Casa de Valladares, desde finais do século XII ata o XX dedicando un capítulo biográfico a cada posuidor da Casa. Ao longo dos seus dous volumes e da man dos seus protagonistas, percórrense diferentes episodios da historia de Galicia. Deste xeito, o lector poderá coñecer como era a vida dunha familia fidalga no Vigo do século XVI, a participación dun vigués na toma de Lisboa ou a destacada influencia dos Valladares na Corte de Madrid durante o reinado de Carlos II.