No último programa de "Pescadores de historias" da Televisión de Galicia (TVG) diríxese ao porto de San Cibrao (Cervo, Lugo), onde conservan e transmiten a cultura do mar ao redor do Museo Provincial do Mar, cun pasado moi singular, xa que naceu como museo en 1969, a partir do traballo realizado polo mestre Francisco Rivera Casás e os seus alumnos da escola unitaria. Na década dos sesenta do século XX, o mestre dedicábase, como unha actividade didáctica, a coleccionar obxectos do mar, como cunchas ou utensilios de traballo. E isto foi a orixe do actual museo, que o programa lembrará con algúns daqueles nenos como era nese tempo.

Antes de indagar nas súas orixes os espectadores poderán coñecer, con Amelia Pernas, a actualidade do Museo Provincial do Mar, hoxe un dos máis destacados de Galicia sobre cultura mariñeira. Nunha das salas gárdanse a memoria da industria baleeira do porto de Morás, a da caza de baleas nas augas moi preto de San Cibrao e ósos deste animal mariño recuperado. Tamén falará con Moncho Rivas, un dos nenos da escola unitaria que logo traballaría para conseguir que aquela idea acabase sendo un museo.

A canle autonómica comenzará o proximo domingo, día 16, a emisión da terceira tempada de "Ribeiras de salitre", programa que fai o mesmo equipo que dirixe X. H. Rivadulla.