Á cita do Club Faro e a Deputación de Pontevedra acudiu un bo número de persoas atraídas pola temática da ponencia, o que amosa que o coñecemento das raíces históricas e culturais dos pobos é un asunto que sempre suscita interese. Pode ser ademais, en palabras do deputado Carlos López Font, unha fonte de riqueza. Nese sentido, apuntou que un dos obxectivos de "Galaicos" na súa xira por España é "posicionar a provincia de Pontevedra dentro do turismo cultural e arqueolóxico", atraendo dese modo a viaxeiros cun elevado poder adquisitivo.

A conferencia foi tamén lugar de encontro de destacados representantes da política e a cultura arousanas. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, estaba acompañado por outros membros do seu executivo, como Tania García, Argimiro Serén, Paola María Mochales, Sonia Outón, Luz Abalo ou Álvaro Carou. O goberno de Cambados, pola súa banda, estaba representado por Xurxo Charlín.Pola Deputación, ademais de Font, acudiu Ruth González, que é responsable do departamento de Turismo.

Entre o público atopábase tamén o presidente de Cáritas Interparroquial de Arousa, Francisco Fernández; un dos donos do pazo de Quinteiro da Cruz, Pedro Piñeiro, que é un dos tres xardíns do Salnés recoñecidos como de Excelencia Internacional; os escritores Ramón Caride e Antón Mascato; os avogados vilagarcianos Begoña Saborido e Ramón Montenegro; a arqueóloga vilanovesa Alicia Padín; o médico de urxencias, Ramón Barreiro; ou Antonio Caeiro, do Faiado da Memoria.