Hoxe clausurarase en Santiago a 32ª edición de Cineuropa, festival que ocupou 22 días deste mes de novembro e no que se proxectaron 307 títulos de máis de 50 países en nove sedes compostelanas. O punto final estará protagonizado polo actor galego Antonio Durán "Morris", quen recollerá o Premio Cineuropa nun acto que dará comezo no Teatro Principal ás 20.30.

O II Xurado Novo de Cineuropa, conformado por sete mozas e mozos de entre 18 e 25 anos, lerá a composición do seu palmarés. A cerimonia será clausurada coa proxección de "Kursk", o último filme do recoñecido dinamarqués Thomas Vinterberg.