A Real Academia Galega e a ONCE colaborarán para proporcioar as persoas cegas e con discapacidade visual severa os recursos lingüísticos e técnicos necesarios para expresarse íntegramente, oralmente e por escrito, en galego.

Este é un dos compromisos que se establecen no protocolo de colaboración entre ambas institucións que alcanzaron este luns, na sede da Academia, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Paz.

O acuerdo permitirá tamén "traballar de forma conxunta en todo tipo de proxectos culturais de interés común encamiñados ó fomento e á promoción da lingua e cultura galega e procurará máis espazos de uso para o galego entre as persoas afiliadas á ONCE", informa a RAG.