14 de octubre de 2018
14.10.2018

"Pescadores de historias" achega a pesca da robaliza en Fisterra

14.10.2018 | 03:15
X.H. Rivadulla Corcón (izda.) con Agustin Traba. // FdV

O espazo "Pescadores de historias" de TVG contará esta tarde como pescan os mariñeiros de Fisterra a robaliza, un dos peixes máis valorados, tanto na gastronomía mariñeira coma entre os bos pescadores. O motivo é o seu sabor tan especial e que a súa pesca apaixona os mariñeiros que a practican, pero é unha pesca perigosa, porque xeralmente se realiza en rompentes, onde as embarcacións poden esnaquizarse contra as pedras.

Un dos grandes pescadores de robaliza de Fisterra, Manuel Antonio Castreje, levará o equipo do programa na súa embarcación. El aprendeu dos vellos mariñeiros da vila e, polo tanto, quere ser fiel á tradición e é un defensor da pesca sostible. Outro protagonista será Agustín Traba "Tinito", que tivo cinco naufraxios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores