Os Premios da Cultura Galega distinguiron ao grupo A Roda, que este ano cumpre 40 décadas enriba dos escenarios, dedicado a promover e a difundir a música popular galega. Expoñente da música popular galega, da música de taberna, algunhas das letras das súas cancións, como "Miudiño", acadaron unha extraordinaria repercusión.

Tamén foi distinguido o Festival de Cans na modalidade de Audiovisual. O festival, que organiza a Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato na parroquia de Cans, en Porriño, achega a súa programación de cortas a máis de 13.000 persoas cada ano e converteuse nun punto de encontro da creación galega emerxente e nunha gran plataforma de difusión dos novos creadores.

En Artes Escénicas o reconecemento foi para o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT que celébrase en Carballo (Ourense) desde 1992 organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte en colaboración co concello. Asemesmo, o premio en Patrimonio Cultural foi para O Sorriso de Daniel, asociación cuxos fins son promover, defender e apoiuar a conservación do patrimonio medieval galego.