A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu por aclamación adicar o Día das Artes Galegas de 2019 -que se celebra o 1 de abril- a Luís Seoane López, uhna proposta suscrita por académicos e varios colectivos culturais de Galicia.

Segundo explicou a entidade, os actos de recoñocemento que se organizarán durante o vindeiro ano "servirán para profundar e difundir a figura de Luís Seoane", tanto como teórico da arte, creador, deseñador, caricaturista o debuxante ou pintor, esencial en el Laboratorio de Formas de Galicia.

A iniciativa desta efeméride naceu da Ragba no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición de 2018 a figura homenaxeada foi o arquitecto do Movemento Moderno Alejandro da Sota.

A vida de Luís Seoane foi unha longa viaxe á través do século XX. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construír co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.

En 1910 nace en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos. En 1916 volve cos seus pais a Galicia, instalándose en A Coruña, onde realiza os sus primeros estudos. Xa na década dos vinte, trasládase a Santiago de Compostela, onde estuda Bacharelato e se licencia en Dereito e Ciencias Sociais en 1932. Milita en partidos de esquerda republicana e autonomista entre 1927-1933. Nesa época ilustra libros e revistas e realiza as súas primeiras exposicións. Ao estalar a guerra agóchase, e en setembro fuxe a Bos Aires. En 1937 publica o seu primero libro, T rece estampas de la traición.

A obra de Seoane é unha simbiose entre o afán por evocar a arte tradicional de Galicia, manifestado a través dos petroglifos e da enorme presenza do románico, e a arte das vangardas históricas, admiradas polo pintor galego xa desde a súa etapa como estudante de dereito en Santiago de Compostela. Luís Seoane foi autodidacta na súa apredizaxe plástica, a súa curiosidade

Independentemente da práctica pictórica, do debuxo e das súas investigacións no eido do gravado, Seoane merece ser lembrado como o gran dinamizador da cultura galega no exilio. Fundador da editorial Botella al Mar, voz da emigración a través de revistas como Galicia Emigrante, todo ese traballo culminaría na creación, xunto a Isaac Díaz Pardo, do grupo Sargadelos. A súa estética marcará un antes e un despois na historia das artes plásticas.