"Eu nacín na rúa Urzáiz en Vigo en 1939 e non aprendín a lingua na casa, pero o galego estaba vivo na rúa, xa con Rita, a leiteira, que viña desde Porriño. Escoitabas galego en todas partes da cidade. Na miña infancia, a lingua galega estaba nas alpargatas, era a lingua dos traballadores", avanzou a catedrática de Lengua e Literatura galega e figura relevante no movemiento feminista, María Xosé Queizán, como avance do discurso que hoxe pronunciará ao recoller o Premio Lois Peña Novo. "É a miña lingua por vontade, non a que mamei", recoñeceu a escritora, que será premiada xunto co profesor e académico Manuel González González e o xurista Xesús Costas Abreu.

A Fundación Lois Peña Novo tamén recoñece con estos galardóns o traballo a prol do galego no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galicia e na sociedade en xeral. Nesta vixésimo cuarta edición o xurado seleccionou como galardoadas a escritora Queizán, "pola súa traxectoria vital de compromiso coa lingua e a cultura galegas", ao profesor e académico Manuel González González, "polo seu traballo de investigación científica no eido da lingüística galega" e mais ao xurista Xesús Costas Abreu, "polo seu compromiso coa defensa do galego no ámbito da Administración local".

Os premios serán entregados no Castelo de Soutomaior nun acto público no que haberá música e palabra.

"As portas do castelo ábrense ese día para todos os que queiran acudir, sen máis requisitos que o de presentárense naquel emblemático espazo histórico", indica o presidente do Foro E. Peinador. xosé González. Hai cento vintecinco anos que nacía en Vilalba un dos xuristas e políticos máis sobranceiros do primeiro terzo do século XX: Lois Peña Novo, que foi cofundador das Irmandades da Fala, que puxeron cabo a un período protagonizado pola reivindicación literaria.