A Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu a entrega dos premios do Reto Lector 2018, a campaña de animación á lectura promovida dende a Editorial Galaxia. A barbadesa Eira Losada gañou esta segunda edición cun vídeo no que defende a tradución de obras ao galego. Declaráronse ademais outros cinco vídeos finalistas. Os premios están destinados a mozas e mozos de entre 12 e 16 anos.