26 de junio de 2018
26.06.2018

Antía Yáñez e Sabela Losada gañan o I Premio Fina Casalderrey pola Igualdade

Baía Edicións convoca este galardón de Literatura Infantil

26.06.2018 | 02:30

O Xurado do I Premio Fina Casalderey de Literatura Infantil pola Igualdade resolveu, despois de moitas deliberacións, conceder por unanimidade e ex aequo o premio ás obras presentadas baixo os lemas "Gerbillo" e "Vermello". Abertas as plicas, resultaron ser da autoría de Antía Yáñez e Sabela Losada, baixo os títulos "A reconquista" e "Vermella!".

"A reconquista, por un acaído tratamento da ocupación do espazo central, o liderado feminino e a solidariedade. Ademais, a combinación de dúas voces narrativas diferentes, que aluden ao humano e animal, e ao ámbito da ficción e do libro divulgativo, fan da obra unha proposta literaria moi atractiva e interesante para as nenas e para os nenos", sinala o xurado.

"Vermella!' por ser quen de sacar á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista. Igualmente, a historia consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil", apunta o xurado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores