Un equipo de A Revista Fin de Semana estará hoxe en directo en Silleda nunha nova edición da romaría que organizan a final de temporada os oíntes do programa "Pensando en ti" da Radio Galega. Se trata do seu vixésimo aniversario, polo que amais da tradicional festa, levarase a cabo a gravación do programa que se emitirá esa mesma noite. No estudio María Solar recibirá a David Gil, un dos creadores da Asociación FranGil, que leva a cabo accións a prol da doazón de médula ósea e de sangue do cordón umbilical.