O programa A Revista estará hoxe no restaurante Yayo Daporta, en Cambados. Dende alí porase o foco no libro Receitas para o recordo, que busca facer que as persoas con alzhéimer lembren a través da gastronomía. Dise que os sabores e as receitas da infancia poden axudar a facer memoria. Ademais, preténdese con este libro e proxecto recuperar pratos tradicionais. Tamén relacionado co eido da gastronomía, o programa estará en Trasmontes, onde se está a buscar a mellor carne de vacún do mundo.