Supermercados Gadis ratifica o seu compromiso coa cultura e, especialmente, coa difusión do galego mediante un programa de accións que toman como marco a celebración do Día das Letras Galegas, co que a compañía sempre mantivo unha ligazón especial. Gadis rende homenaxe á escritoraconmemorada o vindeiro 17 de maio, María Vitoria Moreno, coa entrega, ata fin de existencias o 16 de maio, 30.000 exemplares de "Papá Bolechas doa sangue", dirixida ao público infantil.

Ademáis, os supermercados darán a seus clientes de 50.000 marcapáxinas que inclúen un dos poemas de "Elexías de luz" e a distribución de máis de dous millóns de bolsas cun fragmento de "Diario da luz e a sombra".