15 de abril de 2018
15.04.2018

"Pescadores de historias" dedica o seu programa de hoxe ao porto do Grove

O espacio indaga na importancia do sal na comarca do Salnés

15.04.2018 | 10:26
Pepe Fontoira (dereita) e X.H. Rivadulla Corcón. // FdV

Co título de "O sal do Grove", "Pescadores de distorias" dedica a edición de hoxe ao porto do Grove, onde as fábricas de salgadura foron determinantes na vida desta localidade e de toda a comarca do Salnés. O espazo da TVG indagará na importancia da salgadura do peixe para o Grove. No Grove atópanse recuperados os edificios de dúas antigas fábricas de salgadura, emprazadas en Punta Moreiras, estes edificios rehabilitáronse e instalouse neles o Museo da Pesca e da Salga, como un espazo dedicado amplamente á cultura mariñeira do Grove, inaugurado en 2007, e do que se conversará co seu director, José Luis Escalante. A posta en marcha do museo foi un interesante proceso, do que falarán Miguel Pérez, alcalde do Grove naquela época, e na actualidade presidente da Asociación de Amigo das Salgadeiras de Moreira, e Manolo Ochoa, que era o presidente da Comunidade de Montes.

Á salgadura precédea o traballo do mariñeiro no mar, pescando o peixe que logo se vai salgar, así que se falará con Pepe Fontoira, mariñeiro que coñeceu ben a época da salgadura. Outros convidados serán Paco Fuentes, un traballador das antigas fábricas de salgadura; Antonio Lois e Estrella Gómez, que no verán e nas festas do Grove fan demostracións de como se fai a salga.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia