Vigo acolleu a presentación de "Vieiro choído" de X. L. Franco Grande, número 1 da histórica colección Illa Nova (en edición facsimilar) para homenaxear ao autor, máis de seis décadas despois da súa aparición en 1957. A Editorial Galaxia, a Fundación Isla Couto e a Fundación Penzol recuperaron así este clásico da literatura galega.