Manuel Bragado Rodríguez causou baixa como director xeral de Edicións Xerais de Galicia "a petición propia" con data de hoxe, segundo vén de informar a editorial nun breve comunicado.

Manuel Bragado, colaborador habitual de FARO DE VIGO, continuará colaborando coas empresas do Grupo Anaya en Galicia como asesor editorial, polo que seguirá vencellado á nova etapa que se abre a partir de agora, di Xerais.

"Xerais agradécelle a profunda e comprometida dedicación destes 28 anos desenvolvendo un proxecto editorial que dinamizou e liderou durante 24 anos. Todo este tempo supuxo un intenso revulsivo para a proxección social da cultura galega a través dos libros e a lectura", conclúe.