06 de abril de 2018
06.04.2018

O Colexio de Psicoloxía reclama a Sanidade presencia na Atención Primaria

A OMS estima que a depresión e a ansiedade serán a primeira causa de incapacidade laboral no 2020

06.04.2018 | 16:38

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) propuxo esta semana a posible incorporación de psicólogos e psicólogas nos centros de saúde galegos nunha xuntanza que mantivo coa Consellería de Sanidade. Así llo trasladaron a decana do Colexio, Mª Rosa Álvarez Prada, e o presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, José Eduardo Rodríguez Otero, no encontro co director de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal.

Galicia non pode ser a última Comunidade autónoma en incorporar a psicoloxía clínica nos servizos de Atención Primaria. En Aragón, Asturias, Cataluña, Illas Baleares, Madrid e Valencia está aprobado ou xa comezaron a funcionar.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que en 2020, a depresión e a ansiedade serán a primeira causa de incapacidade laboral, unhas baixas que adoitan ter unha longa duración, unha cuestión que só se aborda a través da farmacoloxía. Unha de cada cinco persoas consume ansiolíticos, hipnosedantes ou antidepresivos no noso país: estamos á cabeza de Europa en consumo de psicofármacos e á cola en psicoloxía clínica na rede pública.

Está demostrada a eficiencia da psicoloxía en atención primaria, na que estudos probaron que se produce un aforro de 4 dólares por cada un investido, e para mellora a saúde das persoas. De feito, reduce as derivacións ás Unidades de Saúde Mental ao atallar as problemáticas en situacións máis temperás.

Desde o COPG enténdese que é tempo de que a psicoloxía en concreto e a saúde mental en xeral deixen de ser as irmás pobres do sistema público de saúde e que se garantan os dereitos recollidos nas distintas lexislacións, tanto autonómicas como estatal, así como as recomendacións da Organización Mundial da Saúde.

Tamén se lles trasladou a urxencia en incrementar as contratacións de facultativos especialistas en psicoloxía clínica, xa que actualmente traballan 94 psicólogos clínicos no Sergas, o que ten como consecuencia, entre outras, que existan dispositivos sen psicólogos clínicos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia