04 de abril de 2018
04.04.2018

O videoxogo de 'Os Piares da Terra' fala galego

Os personaxes galegos da historia usan o idioma do país tamén nas versións noutras linguas

04.04.2018 | 18:54
Unha secuencia do xogo // Daedalic Entertainment

Cando a Ramón Méndez a empresa alemá Daedalic Entertainment comunicoulle o encargo que lle quería facer, este tradutor ourensano tivo que ler dúas veces a mensaxe, e non porque non manexe á perfección idiomas.

Non lle pedían traducir todo un videoxogo ao castelán, como é habitual na súa impresionante traxectoria, querían que levase ao galego as frases dos habitantes de Galicia que aparecían na terceira entrega de 'Os Piares da Terra', baseado na archicoñecida novela homónima de Ken Follet. O obxectivo: que en todas as versións do xogo -en inglés, castelán, alemán- esas xentes se pronunciasen na lingua que daquela se falaba neste territorio.

¿Quen non viviu nalgunha viaxe ao extranxeiro a frustrante experiencia de tentar sen éxito comunicarse cos lugareños? Iso é precisamente (ollo, spoilers) o que lle ocorre a unha das protagonistas de 'Os Piares da Terra', cando a trama lévaa a Santiago de Compostela: que non entende ese idioma que falan os paisanos e que é distinto ao que se topou no seu traxecto ao -daquela- confín do mundo.

"Eu só che falo en galego, miña rula", é unha frase que atopará ao chegar a esta secuencia un xogador, poñamos por caso, de Liverpool e perfectamente monolingüe en inglés.

"Pareceume estupendo e tamén sorprendente que a desenvolvedora do software -Daedalic Entertainment- decidise usar o galego", explica Ramón Méndez, multipremiado polo seu labor na vangarda da tradución de videoxogos. Buscaban subliñar a incomunicación da personaxe cos lugareños, que inciden en que eles só falan en galego. Incluso, neses diálogos, xógase co parecido entre palabras galegas e inglesas que en castelán -idioma co que a protagonista se viña defendendo no Camiño a Compostela- son distintas.

"Fixeron un labor espectacular, foi unha honra participar", comenta o tradutor e profesor da Universidade de Vigo, e alude tamén ao "surrealista de que veñan de fóra a poner en valor o idioma de aquí".

O videoxogo, como a novela de Ken Follet, está ambientado no século XII, polo que, en rigor, a lingua falada polos habitantes de Compostela debía ser o galego-portugués. Porén, como no resto da historia utilízase o inglés actual, o coherente era utilizar tamén galego de hoxe, comenta Ramón Méndez, que aproveita para gabar o traballo da súa colega Carol Micó, responsable da tradución ao castelán.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia