Trinta e cinco palabras lle abondaron a Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán, para facerse co primeiro premio do concurso de micro-relatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal

O seu texto, titulado "Odio as mans frías", foi o mellor valorado polo xurado na xuntanza mantida onte na sede da RAG.

Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela) foi recoñecido co segundo premio por "O milagre" e Ceres Serea Manso Acuña (Nigrán) conseguiu un terceiro premio con "Cousas que pasan".

Outros dous terceiros premios son para dous menores de idade: Nee Barros Fernández (Marín), de 15 anos, por "Desexo concedido", e Teo Alonso Vidal (Vigo), de tan só 10 anos, por "Unha hora".

As entidades amosaron a súa satisfacción pola alta participación rexistrada e a calidade dos textos recibidos.